Outros servizos de podoloxía en Ribadeo

Outros servizos de podoloxía en Ribadeo

Ofrecemos tratamentos de quiropodia, para papilomas e uñas encarnadas.

Quero unha consulta
Descubre todos os nosos tratamentos de podoloxía en Ribadeo

Descubre todos os nosos tratamentos de podoloxía en Ribadeo

En Antía Docobo ponemos a disposición dos nosos pacientes un amplo catálogo de tratamentos de podoloxía en Ribadeo para cuidar os teus pés.

Ofrecemos servizos de quiropodia para o corte e fresado das uñas, o tratamento de callos e durezas e de lesións na pel. Tambén somos expertos en tratamentos para papilomas ou uñas encarnadas. Confía na nosa podóloga para solucionar calquera patoloxía nos pés, tanto a nivel cutáneo como muscular, pois somos especialistas en estudos biomecánicos e soletas ortopédicas.

Ofrecémosche un coidado integral para os teus pés

Quiropodia

Na nosa clínica de podoloxía realizamos servizos de quiropodia, aqueles que tratan lesións na pel, callos, durezas e problemas nas uñas como fungos ou engrosamento.

Papilomas

Encargámonos de avaliar e eliminar papilomas ou verrugas plantares. Estes poden tratarse con ácidos que os queiman capa a capa, con nitróxeno líquido ou con cirurxías menores.

Uña encarnada

Ante infeccións de uñas ou uñas encarnadas, a nosa podóloga encárgase de retirar o bordo da uña que se crava na pel e usar protectores ou algodóns para guiar o crecemento.

Pide agora a túa cita coa nosa podóloga en Ribadeo!

Pide agora a túa cita coa nosa podóloga en Ribadeo!

Se queres pedir unha cita coa nosa podóloga en Ribadeo, non dubides en chamarnos. Poñerémonos á túa disposición para solucionar calquera problema nos pés cos nosos tratamentos de podoloxía especializados.

Pedir cita

A nosa podóloga asesórate para coidar os teus pés

Por que aparecen os callos e durezas?

A causa principal de callos e durezas adoita ser a fricción excesiva e repetida sobre a pel. Para iso, evita o calzado demasiado estreito ou con solas moi finas e a fricción directa do pé co calzado, é dicir, non usar calcetíns. As deformidades nos pés tamén son causas habituais para provocar callos e durezas, así como problemas na pisada. Se tes callos ou durezas, visítanos!

Como debo cortarme as uñas para evitar que se encarnen?

A nosa podóloga en Ribadeo recomenda cortar as uñas de forma recta, sen redondear as esquinas e non demasiado curtas. Con todo, a forma ideal de cada paciente pode variar segundo a curvatura natural da uña e o dedo de cada persoa, polo que será mellor consultarnos se tes tendencia ás uñas encarnadas para valorar cal sería a mellor forma de cortalas.

Os papilomas poden desaparecer sós?

Aínda que nalgúns casos, especialmente en nenos, os papilomas poden desaparecer espontaneamente co tempo, este é un proceso lento e impredicible. En Antía Docobo recomendamos optar por tratamentos de podoloxía profesionais para evitar o crecemento, a dor e a transmisión dos papilomas a outras zonas do pé ou a outras persoas.

A nosa podóloga asesórate para coidar os teus pés
Elixe os nosos tratamentos de podoloxía en Ribadeo

Elixe os nosos tratamentos de podoloxía en Ribadeo

Necesitas poñer solución a un problema nos teus pés? En Antía Docobo ofrecemos tratamentos de podoloxía en Ribadeo para calquera afección ou patoloxía. Chámanos!

Contactar

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.